As doazóns do Seminario

Incorporación a Proxector: 6/10/2023

Os traballos orixinais que os membros do Seminario de Estudos Galegos entregaban no momento do seu ingreso pasaron a formar parte dos fondos da asociación. Estes traballos podían ser artigos científicos, textos literarios ou obras artísticas (debuxos, cadros, esculturas…). Neste vídeo divulgativo (2´ 18´´) amósannos unha pequena mostra destas doazóns.

A peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.

Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento / Centro Superior de Investigacións Científicas CREACIóN
6/10/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO