Contar o tempo pola tele

Incorporación a Proxector: 23/10/2023

Partindo da súa experiencia profesional como presentadora do tempo na Televisión de Galicia, a xornalista Mabel Montes Rama fálanos nesta charla (51´ 24´´) dos aspectos comunicativos da divulgación meteorolóxica. Ademais de explicarnos como se comunica o tempo na televisión, tamén reflexiona sobre outros aspectos, como a importancia de saber adaptar a linguaxe á nova realidade que supoñen as redes sociais, ou o potencial comunicativo da realidade aumentada no eido da divulgación meteorolóxica.

Esta charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.

Mabel Montes Rama    AUTORÍA
Deputación da Coruña CREACIóN Concello de Cabana de Bergantiños CREACIóN
23/10/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO