Obxectivos de desenvolvemento sostible

Incorporación a Proxector: 29/11/2023

Vídeo didáctico (2´ 48´´) no que o alumnado de 3º da ESO do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño) nos ofrece unha breve introdución sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), aprobados pola ONU en 2015 no marco da Axenda 2030. Trátase de 17 obxectivos, relacionados entre si, que buscan un futuro sostible para todos e todas, achegando as liñas mestras para encarar desafíos globais coma a pobreza, a desigualdade, o clima, a degradación ambiental, a prosperidade, a paz e a xustiza.

IES Antón Alonso Ríos (Tomiño) CREACIóN
29/11/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO