Numerosos estudos afirman que as graxas saturadas son moi nocivas para a saúde das persoas e, pola contra, as insaturadas son saudables. Partindo desta premisa, tanto a industria láctea coma os propios consumidores están cada vez máis interesados en coñecer a composición de ácidos graxos do leite. Ruth Rodríguez Bermúdez fálanos nesta charla (9´ 56´´) da variación do perfil de ácidos graxos no leite de bovino nas explotacións galegas en función dos seguintes factores: a alimentación que reciben os animais, o número de parto no que se atopan, o momento da lactación e a estación do ano.
A charla tivo lugar no marco do DivulgaTerra 2020.

