Francisca Herrera, a gran figura feminista da revista Nós

Incorporación a Proxector: 8/11/2023

Segundo capítulo (14´ 09´´) da serie audiovisual #Nosoutras, as mulleres da revista Nós, producida por Nós Televisión e presentada por Eira Losada. Nesta segunda entrega terás a oportunidade de achegarte á biografía de Francisca Herrera e ao seu relevante papel na revista Nós, na que publicou un ensaio, un relato e un poema, ademais de aparecer as súas obras tamén referenciadas nesta publicación.

A investigadora Carmen Blanco; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o historiador Afonso Vázquez-Monxardín e a secretaria da Fundación Castelao, Patricia Arias Chachero axudan a trazar a figura desta coruñesa que se converteu na primeira muller en escribir unha novela en galego (Néveda) e en ser escollida académica na Real Academia Galega.

Nós Televisión CREACIóN
8/11/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO