O doutor Ángel Carracedo, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da USC, cóntanos nesta charla (31´ 08´´) como no eido da Xenómica se sabe desde hai tempo que determinadas variantes no xenoma condicionan a eficacia dos fármacos e mais as reaccións adversas que estes poden xerar. Na actualidade, a “medicina personalizada” tenta ir un paso máis alá para, partindo de toda a información que temos dun determinado paciente (non só a información xenética, senón tamén a epixenética, a proteómica, a radiolóxica, a bioquímica…), poder predicir de forma precisa a súa resposta a un determinado fármaco. Na exposición do doutor Carracedo atoparás todas as claves para entender este novo concepto médico.
A charla tivo lugar no marco do programa Naukas Coruña 2019, que organizan os Museos Científicos Coruñeses.