Irene Ortiz Leal, investigadora da Unidade de Anatomía Animal da Facultade de Veterinaria da USC, explícanos neste vídeo divulgativo (7´ 23´´) que é o sistema vomeronasal, cal é a súa constitución anatómica e como inflúe no comportamento social dos animais. Será o órgano vomeronasal igual en todas as especies? Irene Ortiz explícanos as diferenzas, centrándose máis polo miúdo nas especificidades dun tipo de cánidos: os raposos.
A charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.

