Historia de vocación dun médico reumatólogo

Incorporación a Proxector: 21/11/2023

O doutor Javier de Toro, xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUAC, ofrécenos nesta charla didáctica (58´) unha aproximación xeral ao conxunto de doenzas que coñecemos como “enfermidades reumáticas”, centrándose con maior detalle na descrición da artrite reumatoide, unha enfermidade inflamatoria articular que afecta fundamentalmente a mulleres e xente moza.

Para pechar a súa intervención, o doutor De Toro fálanos tamén do importante labor social que desenvolven os colexios médicos, exemplificándoo con diferentes liñas de traballo organizadas polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña, entidade da que é vicepresidente.

A charla, dirixida principalmente a alumnado de educación secundaria, foi emitida en directo o 17 de novembro de 2023 con motivo do XIV Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.

Francisco Javier de Toro Santos    AUTORÍA
Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) CREACIóN
21/11/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO