Terceiro capítulo (21´ 17´´) da serie documental Irmás na Fala, elaborada para divulgar a memoria das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala. As protagonistas desta terceira entrega son Amparo López Jeán, presidenta da Agrupación Republicana Feminina da Coruña e primeira muller en se afiliar ao Partido Galeguista, e Emilia Docet, a Miss España viguesa que tomou a palabra no "Mitin das Arengas".
A serie Irmás na Fala está producida pola Real Academia Galega e realizada por Nós Televisión, co apoio do Concello da Coruña.

