O verbo distraer é irregular, polo tanto non segue as pautas dos verbos regulares da segunda conxugación (aqueles cuxo infinitivo remata en -er). Esther Vázquez explícanos neste vídeo (37´´ ) como se conxuga o pretérito perfecto do verbo distraer.
A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

