A complexidade escondida no miúdo

Incorporación a Proxector: 28/11/2023

Mónica Cartelle Gestal, profesora na Universidade de Louisiana e membro da Sociedade Americana de Microbioloxía, fálanos nesta charla (55´ 47´´) da complexidade dos microorganismos e da súa potencialidade para causar infeccións. Apoiándose na súa propia experiencia como investigadora, explícanos todo o que aprendeu no eido da resistencia antimicrobiana e do tratamento de enfermidades infecciosas, coma a tose ferina.

A charla, dirixida principalmente a alumnado de educación secundaria, foi emitida en directo o 24 de novembro de 2023 con motivo do XIV Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.

Mónica Cartelle Gestal    AUTORÍA
Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) CREACIóN
28/11/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO