Susan G. Wardle achéganos neste vídeo de TED (4´ 43´´) ao fenómeno psicolóxico da pareidolia facial, que provoca que o noso cerebro perciba, de xeito ilusorio, caras en calquera tipo de obxectos ou lugares (nubes, pedras, manchas nas paredes…). Por que ocorre isto? Ata onde pode chegar esta distorsión da realidade? Aquí atoparás todas as respostas.
Tradución ao galego de Álvaro Torres para TedSaúde 2023.

