Tania Vieites Lestón, investigadora na Universidade da Coruña, preséntanos neste vídeo (4´ 28´´) a súa tese doutoral sobre os efectos do “método MITCA”, un método de implementación de tarefas escolares para a casa que ten como obxectivo a autorregulación da aprendizaxe e o compromiso escolar dos estudantes.
Este vídeo foi galardoado na categoría C (para teses de doutoramento) da primeira edición do certame Cóntame a túa investigación!, organizado pola Universidade da Coruña en 2023.

