Biodiversidade: moito máis ca xenes e especies

Incorporación a Proxector: 11/12/2023

Adolfo Cordero, catedrático de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, explícanos nesta conferencia (44´ 22´´) as orixes e o significado do concepto de biodiversidade, reflexionando sobre o seu impacto tanto na bioloxía como noutras áreas do coñecemento. Partindo do carácter multidimensional do termo, o profesor Cordero céntrase nunha das principais liñas de investigación nas que está a traballar: a diversidade de comportamento como un elemento da biodiversidade.

A charla tivo lugar na Casa das Campás de Pontevedra o día 8 de maio de 2023, no marco dos eventos organizados dentro do primeiro Bioblitz da Universidade de Vigo.

Adolfo Cordero    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
11/12/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO