Estudo da temperatura media dunha estación meteorolóxica

Incorporación a Proxector: 20/12/2023

Vídeo didáctico (28´ 07´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que o profesor Aldán Santamarina nos explica como se faría un estudo da temperatura media rexistrada nunha estación meteorolóxica de Galicia, partindo dun exemplo concreto: a temperatura media rexistrada na estación meteoróxica de Redondela no ano 2022.

Aprenderás a facer unha táboa de frecuencias con LibreOffice Calc e a calcular medidas de centralización, posición e dispersión; así como a elaborar un histograma a partir dos datos obtidos.

Aldán Santamarina    AUTORÍA
IES de Chapela CREACIóN
20/12/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO