Ortiga e menta: veleno e antídoto?

Incorporación a Proxector: 20/12/2023

A ortiga é unha planta con múltiples propiedades (como alimento, como tratamento tradicional, como fibra vexetal para a elaboración de tecidos…) que desenvolveu tamén un mecanismo de defensa propia con capacidade urticante. Neste vídeo divulgativo (4´ 45´´) descubrirás se é certo, desde o punto de vista científico, que a menta é o seu antídoto, tal e como adoita crerse popularmente.

A peza forma parte da serie #Desmontandomitos, elaborada polo xornal Gciencia.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
20/12/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO