A ciencia de conservarmos a vista

Incorporación a Proxector: 20/12/2023

A dexeneración macular é un trastorno ocular, asociado á idade, que destrúe lentamente a visión central e aguda. Trátase da principal causa de cegueira e actualmente non ten cura. Neste vídeo de TED (14´ 20´´) o investigador Joshua Chu-Tan explícanos como funciona a vista e preséntanos algunhas achegas sobre un ARN pouco coñecido que podería mudar o tratamento desta enfermidade.

A tradución ao galego é de Paola Costa e foi galardoada co 1º premio da modalidade B (para persoas alleas á USC) do certame TedSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Joshua Chu-Tan    AUTORÍA
20/12/2023
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO