Na actualidade, a elaboración do pan a partir da masa nai converteuse nun dos principais reclamos publicitarios en panadarías, supermercados e no ámbito da gastronomía en xeral. Neste vídeo divulgativo (5´ 11´´) Ángeles Romero, catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos na USC e directora da Cátedra do Pan e do Cereal, explícanos cal é a diferenza entre a masa nai activa e a inactiva, e fálanos das características que debe ter o pan para que sexa realmente beneficioso para a nosa saúde.
Esta peza forma parte da serie #DesmontandoMitos de GCiencia.

