E se ensinásemos a saúde mental coma o abecedario?

Incorporación a Proxector: 17/1/2024

Katlynn Whitaker fálanos nesta charla de TED (11´ 33´´) dun problema de plena actualidade: a saúde mental dos adolescentes. Partindo do aprendido a partir da súa propia experiencia como persoa que padece un trastorno de ansiedade, propón que os conceptos básicos relacionados coa saúde mental e coa aprendizaxe socioemocional deberían formar parte dos plans de estudos e ensinarse na escola coa mesma metodoloxía que se ensina o abecedario, para que os mozos e mozas teñan sempre a man unha “caixa de ferramentas da saúde mental” da que poder botar man cando o precisen.

A tradución ao galego é de María Suárez Seijas e foi galardoada co 2º premio da modalidade B (para persoas alleas á USC) do certame TedSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Katlynn Whitaker    AUTORÍA
17/1/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO