O topónimo Palas de Rei está composto por dous elementos; un deles (“Rei”) é moi transparente pero o outro (“Palas”) continúa a ser actualmente un enigma etimolóxico. O académico Antón Santamarina reflexiona neste vídeo (7´ 12´´) sobre as diferentes hipóteses que se barallan para tentar explicar a orixe e o significado do termo.
A peza forma parte da serie didáctica O seminario de onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.

