Sara Albán Barcia explícanos nun minuto en que consiste a súa tese, na que investiga as posibles variacións que hai á hora de producir un manuscrito, analizando as súas diferenzas en base ás características físicas do documento, ao tipo de escritura, aos escribáns, ás letras específicas do período, ás abreviaturas e ás decoracións.
Esta peza forma parte da sección Minutese, as teses da UVigo nun minuto, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.

