Ultimamente é habitual escoitar nos medios de comunicación a palabra “pellet”, para facer referencia a esas esferas brancas de plástico que están chegando ás nosas praias procedentes do vertido accidental do buque “Toconao”. Esther Vázquez explícanos neste vídeo (38´´) que, segundo a Real Academia Galega, o termo correcto para denominar en galego estas pequenas bólas formadas a partir de resinas poliméricas é “granulado”.
A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
No Portal das Palabras podes ampliar información sobre este termo.

