Vídeo divulgativo (3´ 08´´) sobre a figura do último rei de Galicia e León: Afonso VIII (1171-1230), denominado Afonso IX pola historiografía española. Descubrirás, entre outras cousas, cal foi o importante papel deste monarca no desenvolvemento urbano da Galicia medieval e tamén que rol xogou no incremento da chegada de peregrinos a Compostela.
A peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

