C de Inés de Castro: A raíña eterna de Portugal

Incorporación a Proxector: 30/1/2024

Vídeo divulgativo (3´ 42´´) no que se presentan os aspectos máis salientables da biografía de Inés de Castro (1320-1355), a muller de orixe galega que chegou a ser raíña de Portugal. Da súa vida aínda non sabemos hoxe con exactitude canto hai de realidade e canto de lenda, mais o certo é que se converteu co paso do tempo en mito e inspiración para autores/as da nosa literatura, música e audiovisual.

A peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

Laura Filloy    Elena Martín    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
30/1/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO