Os espectáculos na antiga Roma

Incorporación a Proxector: 30/1/2024

Neste vídeo didáctico (26´ 37´´) Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, explícache como funcionaba o negocio dos espectáculos na antiga Roma. Coñecerás cales eran as principais características arquitectónicas dos edificios nos que se organizaban (anfiteatros, circos e teatros), así como a diversidade de espectáculos que tiñan lugar en cada un deles: loitas de gladiadores, cazas de feras, loita entre feras ou batallas navais nos anfiteatros; exhibicións ecuestres, carreiras pedestres e carreiras de carros de cabalos no circo; e representación teatrais nos teatros).

A peza está dirixida a alumnado de 1º curso da ESO.

Blanca Castro Gerpe    AUTORÍA
IES Lucus Augusti CREACIóN
30/1/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO