Os mosquitos teñen unha cor favorita?

Incorporación a Proxector: 6/2/2024

Por que a algunhas persoas lles pican máis os mosquitos? Dependerá da cor da roupa? Carlos Otero, entomólogo da Universidade de Santiago de Compostela, explícanos neste vídeo divulgativo (4´ 49´´) cales son os elementos determinantes á hora de converterte en vítima preferente destes insectos. Tamén descubrirás que, a pesar de seren incómodos e mesmo en ocasións perigosos para os seres humanos, xogan un importante papel biolóxico na natureza.

A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
6/2/2024
TEMÁTICAS

Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO