O placebo é unha substancia que carece de actividade farmacolóxica pero que pode ter un efecto terapéutico cando o doente que a inxire cre que se trata dun medicamento realmente efectivo. Neste vídeo de ted (6´ 04´´) Haya Kattan fálanos dos posibles mecanismos que operan no efecto placebo, e tamén dos que poden explicar o efecto contrario: o “nocebo”, que provoca que o doente experimente reaccións adversas tras tomar un medicamento polo simple feito de que pensa que ese fármaco as causa.
A tradución ao galego é de Navia Rivas e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

