E de Erotismo: cando a peste negra era un castigo divino por exceso de sexo

Incorporación a Proxector: 13/2/2024

Na Idade Media o sexo non era en absoluto un tabú. Homes e mulleres falaban abertamente dos xenitais e mesmo era moi habitual ter relacións prematrimoniais. Neste vídeo divulgativo (3´ 19´´) fálannos do erotismo que caracterizaba a sociedade medieval e de como a Igrexa chegou a pensar que a peste negra era un castigo divino polo exceso de sexo da humanidade.

A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

Elena Martín    Alba Tomé    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
13/2/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO