Documental (16´ 17´´) de Ben Proudfoot para o New York Times (serie "Almost Famous") sobre a científica Jocelyn Bell (Irlanda do Norte, 1943), autora dun descubrimento astrofísico fundamental: os púlsares, estrelas de neutróns en rápida rotación que emiten radiacións moi intensas a intervalos regulares. Este descubrimento foi recoñecido en 1974 co Premio Nobel de Física, mais non foi ela quen o recibiu, senón o seu director de tese, Anthony Hewish.
Os subtítulos en galego foron inseridos por Martin Pawley a través da plataforma Amara.