G de Galegas: mulleres con poder no Reino de Galicia

Incorporación a Proxector: 20/2/2024

Teresa de Zúñiga foi unha muller cun importante peso social durante a rebelión irmandiña e María Pimentel de Castro denunciou perante os Reis Católicos os malos tratos do seu marido. Son só dous exemplos que demostran que, malia que foran ocultadas nos libros de historia, tamén houbo mulleres poderosas no Reino de Galicia. Neste vídeo divulgativo (3´ 42´´) descubrirás como nunha sociedade radicalmente patriarcal como a da Idade Media, algunhas mulleres conseguiron tomar as rendas da súa vida e gobernar o seu destino.

A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

Elena Martín    Alba Tomé    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
20/2/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO