Chamoso

Incorporación a Proxector: 27/2/2024

O topónimo Chamoso dá nome a un río, a unha aldea e a tres parroquias do concello do Corgo, en Lugo. Neste vídeo divulgativo (6´ 33´´) Óscar Castro Castedo, técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, preséntanos as diferentes hipóteses que tratan de explicar a orixe e o significado deste nome.

A peza forma parte da serie didáctica O seminario de onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.

Óscar Castro Castedo    AUTORÍA
Real Academia Galega CREACIóN
27/2/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO