Nesta charla de TED (9´ 41´´) Michelle Borkin cóntanos como un programa deseñado no Brigham and Women´s Hospital para ver imaxes das gammagrafías cerebrais dos pacientes resultou de utilidade nunha investigación astronómica. Partindo deste feito real, a relatora reflexiona sobre as vantaxes dunha colaboración mutua entre a investigación biomédica (concretamente a relacionada coas técnicas médicas de imaxe) e a astronomía, dous campos de estudo aparentemente tan afastados.
A tradución ao galego é de David Alvar e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.