O imparable avance da intelixencia artificial na nosa vida cotiá esperta temores en boa parte da poboación. Debemos estar alerta ou son infundados estes medos? Neste vídeo divulgativo (5´ 34´´) Senén Barro, director científico do Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, fálanos do verdadeiro alcance desta revolución tecnolóxica, que ten os seus riscos pero tamén inmensos beneficios.
A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.

