O último poemario escrito en vida pola autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2024, Luísa Villalta, leva por título Papagaio, e nel faise unha denuncia da especulación urbana e humana. O Papagaio é tamén un topónimo, único en Galicia, que dá nome a un barrio da Coruña que sufriu precisamente este tipo de especulación. Neste vídeo divulgativo (6´ 11´´) Iván Méndez, técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, expón cal é a súa hipótese para explicar a orixe do topónimo.
A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde, elaborada pola RAG.