I de ‘Inventio’: como o descubrimento da tumba do Apóstolo fixo marca Galicia

Incorporación a Proxector: 12/3/2024

O descubrimento da tumba do apóstolo Santiago foi un dos grandes acontecementos do Reino de Galicia, tanto pola súa transcendencia histórica e relixiosa, como pola súa repercusión económica, pois marcou o comezo da peregrinación xacobea. Neste vídeo divulgativo (3´ 29´´) cóntannos de xeito ameno como aconteceu a “inventio” (termo latino empregado na Idade Media para facer alusión a unha revelación divina que provocaba o achado dun corpo santo).

A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

Elena Martín    Alba Tomé    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
12/3/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO