As voces da miña cabeza

Incorporación a Proxector: 19/3/2024

Nesta charla de TED (14 ´ 17´´) Eleanor Longden, doutora en Psicoloxía, fálanos en primeira persoa da súa experiencia vital como persoa diagnosticada de esquizofrenia. Explícanos como comezou a escoitar voces na súa cabeza e como chegaron despois as visións grotestas e os delirios extravagantes. Cóntanos como se atopou cun sistema sanitario que non sabía axudala e como finalmente aprendeu a interpretar aquelas voces que tanto a atormentaran ata convertelas nunha fonte de autocoñecemento, superando o pesadelo e chegando a ser a persoa que hoxe é.

A tradución ao galego é de Laura Delgado e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Eleanor Longden    AUTORÍA
19/3/2024
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO