Moitos deportistas de elite, cando actúan baixo moita presión, fallan xusto nese momento clave do que depende o seu éxito. Pero este tipo de ansiedade tamén pode afectar a músicos de renome mundial ou a calquera persoa experimentada cando está a falar en público. Neste vídeo de TED (4´ 28´´) Noa Kageyama e Pen-Pen Chen explícannos por que acontece este bloqueo e que podemos facer para evitalo.
A tradución ao galego é de Paula Gallardo Domínguez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

