Como afecta o azucre ao cerebro

Incorporación a Proxector: 25/3/2024

Cando comes algo con azucre dispáranse os niveis de dopamina e actívase un sistema de recompensa similar ao que actúa cando o corpo procesa substancias aditivas como o alcohol ou a nicotina. A neurocientífica Nicole Avene, experta en nutrición e adicións, explícanos neste vídeo de TED (5´ 02´´) por que debemos comer doces con moderación.

A tradución ao galego é de Sandra Mariño e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Nicole Avene    AUTORÍA
25/3/2024
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO