O traballo da musculatura abdominal rebaixa a incidencia das molestias na columna lumbar. Neste vídeo (3´ 22´´) explícannos como realizar correctamente unha serie de exercicios para reactivar estes músculos.
A peza forma parte da serie Sempre activos, é saúde, elaborada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para concienciar á poboación xeral dos beneficios do exercicio físico para a nosa calidade de vida.

