Xosé María Lema Suárez viaxa ata Muxía para amosarnos a igrexa de San Xulián de Moraime, o último vestixio que nos queda dun importante mosteiro da época altomedieval galega. Neste vídeo (8´ 54´´) coñecerás os datos históricos e etimolóxicos máis relevantes do lugar.

A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde, elaborada pola RAG.

Xosé Mª Lema Suárez    AUTORÍA
Real Academia Galega CREACIóN
2/4/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO