Por que os morcegos non enferman?

Incorporación a Proxector: 2/4/2024

Sabías que un morcego infectado con varios virus letais para outros mamíferos (coma os que causan rabia, ébola ou SARS…) pode vivir sen problemas durante décadas? Neste vídeo de TED (5´ 50´´) o virólogo Arinjay Banerjee explícanos o motivo polo que os morcegos non enferman con estas perigosas infeccións.

A tradución ao galego é de Ángela Novoa e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Arinjay Banerjee    AUTORÍA
2/4/2024
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO