M de Moeda. 'Insert coin': Galicia pioneira do vil metal

Incorporación a Proxector: 10/4/2024

Neste vídeo divulgativo (3´ 45´´) Alba Tomé retrotráese ao século V, cando o rei suevo Requiario mandou acuñar a primeira moeda medieval galega, para falarnos da circulación monetaria na Galicia medieval. Tamén descubrirás que pegada deixaron os visigodos, o Camiño de Santiago e os reis de León e Castela na numismática do Reino de Galicia.

Esta peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

Elena Martín    Alba Tomé    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
10/4/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO