Vídeo didáctico (4´ 11´´) no que nos ensinan a realizar correctamente unha serie de exercicios destinados a mellorar a musculatura do tronco e previr lesións e dores nas costas.
A peza forma parte da serie Sempre activos, é saúde, elaborada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para concienciar á poboación xeral dos beneficios do exercicio físico para a nosa calidade de vida.

