Por que procrastinas aínda que te sintas mal despois?

Incorporación a Proxector: 16/4/2024

A procrastinación é o hábito de pospoñer deliberadamente tarefas importantes que temos pendentes, malia ter a oportunidade de facelas e saber que o feito de pospoñelas pode ter consecuencias negativas. Neste vídeo de TED (5´ 45´´) entenderás por que o cerebro actúa deste xeito e descubrirás cales son as estratexias que podemos usar para romper o ciclo da procrastinación.

A tradución ao galego é de Alba Tato e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Vitalii Nebelskyi    AUTORÍA
16/4/2024
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO