N de Nutrición. Os galegos do medievo xa comían filloas e polbo

Incorporación a Proxector: 24/4/2024

Neste novo episodio (4´ 20´´) do Dicionario da Galicia histórica Laura Filloy cóntanos como era alimentación na Idade Media, que variaba segundo a clase social. Tamén aproveita para desmontar algúns mitos sobre a nutrición nesta etapa histórica, pois non era certo que non se bebese auga nin que se empregasen especias para disimular o cheiro a carne podre.

Esta peza foi elaborado polo xornal Gciencia, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín.

Laura Filloy    Elena Martín    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
24/4/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO