“Non me dou tempo” ou “non me deu tempo”?

Incorporación a Proxector: 24/4/2024

Esther Estévez explícanos neste vídeo (45´´) como se conxuga o verbo “dar” en galego normativo, aclarando que en determinadas zonas de Galicia existen variedades dialectais nesta conxugación. Así mesmo, lémbranos que o termo “destes” muda o seu significado dependendo de se o pronunciamos con “e” aberto ou “e” pechado.

A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

Televisión de Galicia CREACIóN
24/4/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO