A función executiva do noso cerebro permítenos prestar atención, planificar con antelación ou controlar os impulsos. Nesta charla de TED (9´ 15´´) Sabine Doebel, profesora de Psicoloxía na Universidade George Mason, explícanos como inflúe o contexto nesta función cerebral e como podemos mellorala para acadar os nosos obxectivos.
A tradución ao galego é de Silvia Miguélez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

