As listaxes de embarque de pasaxeiros cara a América

Incorporación a Proxector: 24/6/2023

As listaxes de embarque de pasaxeiros cara a América, elaboradas pola Comisaría de Policía do Porto de Vigo e custodiadas actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, son unha documentación de gran valor para o estudo da emigración transoceánica dos séculos XIX e XX. Neste vídeo divulgativo (2´ 25´´) explícannos toda a información que conteñen estas listaxes.

A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra CREACIóN
24/6/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO