Nos artigos científicos dos ámbitos médico e farmacolóxico acostuman publicarse os resultados dos ensaios que funcionan, pero non os datos dos ensaios que fracasan nin os achados negativos que aparecen durante eses procesos de investigación. Este fenómeno coñécese no ámbito académico como “nesgo de publicación”. Nesta charla de TED (13´ 29´´) Ben Goldacre, psiquiatra e xornalista científico, reflexiona sobre as consecuencias negativas que pode ter para a nosa saúde este descoñecemento dos resultados negativos dos ensaios médicos ou da industria farmacéutica.
A tradución ao galego é de Silvia Miguélez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

