O funcionamento do cerebro humano continúa a ser aínda hoxe, en gran medida, un enigma para a ciencia. Nesta charla de TED (13´ 31´´) o neuroenxeñeiro Sam Rodriques fálanos sobre os avances científicos que el prevé que acontecerán no campo da neuroloxía durante o próximo século grazas á innovación tecnolóxica.
A tradución ao galego é de Silvia Miguélez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

